Valores

Conciencia: Trisquel foméntase a concienciación e respecto dun mesmo, dos demais e da comunidade. Valóranse: a libre expresión de ideas, as contribucións individuais, a diversidade e o compromiso de respecto mutuo e a un mesmo a través de actividades no marco da aprendizaxe por proxectos, o traballo cooperativo así como da participación de e na comunidade. Proporciónase un ambiente seguro no que está permitido equivocarse, onde se potencia o ?tentalo? e anímaselles a utilizar os seus talentos como membros produtivos da sociedade.

Factor emocional: Está demostrado que as emocións son fundamentais no proceso de aprendizaxe. Constitúen, xunto aos procesos cognitivos, un factor determinante na motivación e na adquisición do coñecemento. Un dos principios básicos do centro é que a aprendizaxe é máis eficaz cando os estudantes gozan co que fan lográndose así aprendizaxes significativas. Desta forma propíciase un marco libre no que se xeran continuamente emocións positivas cara á adquisición de coñecementos e a aprendizaxe dos mesmos.

Proactividad: Defínese como a actitude na que o individuo asume o pleno control da súa conduta de modo activo. Unha actitude proactiva vai máis aló de tomar a iniciativa, levando asumir a responsabilidade de facer que as cousas sucedan; decidindo en cada momento o que queremos facer e como o imos a facer. Esta é pois, a nosa maneira de entender o proceso de ensino-aprendizaxe; o alumno e alumna aprende a través do descubrimento e a comprensión e aplicación do coñecemento xerándose así, en todo momento un marco idóneo para a aprendizaxe proactivo e significativo.

Flexibilidade: O camiño para lograr os obxectivos curriculares e a forma de demostrar a súa adquisición é o que permite que a atención sexa diferenciada e inclúa así á diversidade. A personalización do currículo proporciónanos a oportunidade de atender, de maneira flexible, á diversidade dos nosos alumnos e alumnas e ás súas necesidades.