Proceso de Admisión

INTERESE

Cando unha familia se comunica coa Oficina de Admisión por teléfono, correo electrónico ou en persoa, considérase unha mostra de INTERESE, que é o primeiro paso no proceso de admisión. As consultas son recibidas durante todo o ano e son benvidas en calquera momento. Algunhas familias póñense en contacto coa escola mesmo anos antes de que puidesen considerar a matrícula, o cal é perfectamente aceptable tamén. Unha "mostra de INTERESE" pode ser tan simple como un intercambio dunha pregunta, ou unha conversación en profundidade e non é un compromiso ou obrigación de matrícula.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE - Ata o 15 de marzo

O proceso de preinscrición está formado por varias fases e inclúe a presentación dunha solicitude formal, así como entrevistas en persoa ou por teléfono co Equipo de Admisión. As familias coñecen a misión e os valores da escola, os programas, as instalacións e a comunidade. Ao mesmo tempo, a escola coñece os motivos da familia para considerar Trisquel International School como unha opción de escola para os seus fillos e fillas e as metas que teñen para a súa educación.


Unha solicitude de admisión completa consiste en:

  • Formulario de solicitude.
  • Unha entrevista coa familia e co neno ou nena.

REVISIÓN DA SOLICITUDE

Cada solicitude é revisada por un equipo dirixido pola Directora de Admisión e composto por persoal docente, persoal e administradores. O equipo, comeza cada revisión de solicitude de admisión facéndose unha pregunta xeral: "Cremos que o neno ou nena prosperaría e sería feliz na nosa escola?" Téñense en conta os datos recollidos nas entrevistas persoais e familiares, as observacións dos días de visitas e outros aspectos para determinar se:

  • ¿Está listo ou lista o neno o nena para Trisquel?, e o que é máis importante, ¿estamos listos para o ou ela?   
  • ¿Gozarían no noso ambiente de aprendizaxe?. ¿Podemos desafialos e apoialos, recoñecendo as súas necesidades como individuos?   
  •    ¿A familia colaborará coa escola para apoiar as necesidades do estudante?

O Equipo de Admisión determina as prazas dispoñibles, avaliando as necesidades individuais de cada agrupamiento e da escola para así formar grupos que manteñan a diversidade.

NOTIFICACIÓN DA DECISIÓN - Finais de marzo

As listas de admitidos son notificadas polo Equipo de Admisión por teléfono, correo electrónico ou correo entre o 20 de marzo e o 1 de abril cunha das seguintes decisións:

  1.     Aceptado e ofrecendo a praza e a posibilidade de inscrición no caso de que estean interesados.
  2.     Lista de espera.

PROCESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA - Entre o 1 e o 15 de abril

A documentación para a matrícula envíase por correo ou correo electrónico e débense completar e devolver co depósito da matrícula non reembolsable nun prazo de dúas semanas (data tope: 15 de abril). De non realizar o pago neste prazo, perderase o dereito á praza.

LISTA DE ESPERA E MATRICULACIÓNS FÓRA DE PRAZO

Cando hai a oportunidade para a inscrición e matrícula a mediados de ano, o Equipo de Admisión avalía as necesidades do grupo e logo revisan a lista de espera para determinar a quen se debe ofrecer a praza.