A Nosa Visión

A nosa visión é sinónimo dun ambiente educativo san e estimulante onde se lle proporciona aos alumnos e alumnas ferramentas para facer fronte ao que a vida lles ofreza. Desta maneira, desenvólvense tanto académica como social e emocionalmente.

Trisquel é un proxecto educativo que defende a importancia da conexión entre o que ocorre dentro do noso centro e o mundo real, así como do traballo comunitario. É por iso que a súa metodoloxía fomenta esa conexión e a proxección das iniciativas que levan a cabo dentro da aula ao mundo exterior. Desta maneira, os nosos alumnos e alumnas desenvolven, non só competencias puramente académicas, senón que poñemos unha énfase particular tanto nas Funcións Executivas, como nas Habilidades Sociais.

As familias e a contorna quedan integrados como elementos educativos propios e foméntase, en todo momento, a súa participación activa. Consideramos, deste xeito, que escola, familias e comunidade, deberían estar conectadas e traballar xuntas polo benestar dos nenos e nenas, para lograr, así unha, conexión intensa entre escola e mundo real.