Filosofía

"Todos os nenos e nenas deberían de ter a oportunidade de sentirse excepcionais sen excepción​."

Dr. Joseph Renzulli

O noso obxectivo é proporcionar unha educación integral e de calidade. O currículo en Trisquel non está separado por materias. Ten un enfoque transversal e multidisciplinar, baseado na aprendizaxe por proxectos, tendo ao Modelo de Enriquecemento Escolar como filosofía para o desenvolvemento dos nosos alumnos e alumnas, dos seus intereses, capacidades, expresións, e estilos de aprendizaxe.

O Schoolwide Enrichment Model (en diante, ?SEM?) de Joseph Renzulli e Sally Reis é un plan organizativo de enriquecemento e intervencio?n educativa que permite aos estudantes que mostran un intere?s avanzado nun tema determinado, mellorar a súa experiencia de aprendizaxe a trave?s das ferramentas que integran o modelo.

Expón un enfoque centrado na aprendizaxe significativa e no desenvolvemento das fortalezas e talentos de todo o alumnado a trave?s de altos niveis de compromiso e do uso de experiencias de aprendizaxe divertidas e desafiantes que se constrúen ao redor dos seus INTERESES, os seus ESTILOS DE APRENDIZAXE, e os seus ESTILOS DE EXPRESIÓN.

A filosofía do modelo baséase nun conxunto de crenzas pedagóxicas:

  • Cada un é único.   
  •  A aprendizaxe é máis efectivo cando gozamos o que estamos a facer.
  •  A aprendizaxe é máis significativo cando o contido e o proceso céntrase nun problema real.