Emocional

EMOCIONAL
A Educación Emocional é un dos tres alicerces do noso proxecto educativo e que está presente no día a día tanto de forma implícita como explícita.
Neste ámbito, en Trisquel trabállase:
- o autoconocimiento para que os nosos alumnos e alumnas sexan conscientes das súas calidades e características. O autoconocimiento é o paso previo e fundamental para lograr o auto respecto, a autorregulación e a autoestima.
- a autoeficacia, a cal se logra cando cremos nas nosas habilidades e capacidades persoais para abordar as diferentes situacións que se nos presentan. Está moi relacionada coa motivación, debido a que esta aumenta se percibimos que podemos levar a cabo as accións que nos conducen ás nosas metas. Segundo Bandura, o nivel de autoeficacia inflúe a nivel cognitivo, afectivo e motivacional, é por iso que ocupa un lugar importante no noso currículo.
Porque en Trisquel fan maxia e descóbrennos o marabilloso con elementos sinxelos - escoitar e acoller- que en mans de expertos en educación sensibles, intelixentes, sensatos e tremendamente documentados, conseguen resultados asombrosos. Cada neno que vai a Trisquel atopa a súa propia voz e aprende a escoitar a dos demais... case, case a garantía da felicidade independentemente das condicións nas que transcorra a súa vida.

SOCIAL – ACTÚO E APRENDO
Desde Trisquel, levan a cabo proxectos que buscan unha conexión co mundo que nos rodea, conseguindo unha repercusión no mesmo...
Leer Máis
ACADÉMICO – EU SE
En Trisquel, os contidos académicos explóranse e traballan de maneira multidisciplinar e multinivel, o que significa que os contidos...
Leer Máis