Trisquel Compostela International School é unha escola activa de primaria situada preto de Santiago de Compostela autorizada pola Xunta de Galicia.

Apoiada polo NEAG - Centro Renzulli para a Creatividade, a Educación en Altas Capacidades e Desenvolvemento de Talento (Universidade de Connecticut), Trisquel proporciona os materiais, experiencias e actividades que promoven oportunidades para a exploración, descubrimento, fortalecendo as capacidades e potencialidades dos seus alumnos e alumnas sen descoidar as áreas que necesitan atención.

A nosa visión da educación céntrase nos nenos e nenas e proporciona un ambiente educativo que promove a aprendizaxe dunha maneira creativa e innovadora. Este ambiente de ensino-aprendizaxe permite o desenvolvemento do pensamento crítico, a resolución de problemas, tendo en conta os seus intereses, habilidades e preferencias no estilo de aprendizaxe beneficiando así a motivación e a implicación emocional.

Trisquel oriéntase cara a un enfoque educativo global e internacional no que os seus alumnos son autónomos, conscientes e responsables da diversidade que lles rodea. Para iso deseñamos unha integración curricular combinando contidos de varios currículos e as competencias da UNESCO para lograr o desenvolvemento integral dos nenos e nenas.